Estás en: Inicio
Dнa do Voluntariado na Mostra do Encaixe de Camariсas
viernes, 30 de marzo de 2012

Antón Sobral participará na mesa redonda que se realizará na xuntanza do voluntariado galego o vindeiro 5 de abril na Mostra do Encaixe de Camariñas. Unha nova edición da feira que estará dedicada á Marea Branca, con motivo do décimo aniversario do afundimento do Prestige.

A decisión de dedicar por vez primeira a Mostra a unha causa solidaria xurde dun acordo asinado entre o Concello de Camariñas e o proxecto “Galicia en color – Rede de reentros 10 anos despois” promovido pola Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), que pretende agradecer ao voluntariado o seu traballo nas tarefas de limpeza do litoral galego. Durante a Mostra distribuiranse
máis de 700 lazos de cores feitos de Encaixe de Camariñas, dos cales 200 son regalados polas palilleiras locais, para que o recadado na súa venta se destine á construción de un monumento á Marea Branca.

“ Pasaron dez anos do accidente marítimo que tinguiu as nosas praias de negro e consideramos de xustiza agradecerlles aos voluntarios e voluntarias todo o seu esforzo por devolver á vida os nosos areais” explica a concelleira delegada da Mostra do Encaixe de Camariñas, Sandra Insua.

UNHA XORNADA PARA O REENCONTRO
Dende as 11 da mañá do Xoves Santo, os voluntarios galegos participarán dunha xuntanza que pretende ser un espazo de agradecemento e reflexión sobre os cambios producidos nas praias de Camariñas, despois do traballo do movemento solidario más importante da nosa historia.

Os asistentes poderán lembrar as experiencias vividas hai dez anos, e compartir unha mesa redonda que estará composta por persoas representativas dos movementos sociais xurdidos durante a crise do Prestige.

Un dos participantes de este foro será Antón Sobral, prestixioso artista e profesor da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Galicia en Pontevedra. É un artista preocupado polo mar considerado a se mesmo coma “un mariñeiro en terra, creador de illas máxicas e inexistentes”. Na súa intervención en Camariñas, Sobral insistirá na importancia artística de Man, do estado actual da súa
obra e do seu valor para Galicia. “Hoxe fai falta nesta crise de valores persoaxes auténticos como Man, para decatarnos da súa propia importancia” asegura ademais que “A Costa da Morte é unha paisaxe das máis fermosas de Europa, pero o mar que o pode todo, xunto coa Marea Branca limpou a zona superficialmente, ainda quedan restos agochados e entre todos debemos facer visible este maravilloso espazo como corresponde polo seu potencial turístico – cultural”

O artista tamén se refire a importancia da solidariedade argumentando que “o voluntariado internacional supuxo a resposta solidaria do mesmo tamaño que a catástrofe”. Neste senso salienta que “moitos voluntarios teñen unha lembranza profunda de cómo o pobo os recibiu e do cariño mutuo que se estableceu nunha época dura. O voluntariado pode ser un faro en momentos de catástrofe económica
como a que nos toca vivir”.

Na mesa redonda do encontro tamén estarán o presidente da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, Federico de la Fuente Ortíz; o presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar –Armega), Luís Rodríguez; o presidente da Asociación de Reporteiros Galegos Solidarios (Agareso), Juan de Sola, e representantes de entidades ecolóxicas. A moderación do
foro correrá a cargo do xornalista Jesús Trillo.

RUTA POLAS PRAIAS E EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Despois da mesa redonda, os asistentes poderán desfrutar de un desfile, e visitar a sala do voluntariado onde haberá material inédito de Man e a exposición fotográfica de reporteira Ana García.

A mostra de fotografía dedicada á Marea Branca consta de 14 láminas que en total sumarán máis de 60 imaxes que recollen os momentos máis significativos do desastre ecolóxico. A reporteira gráfica, que fixo numerosas exposicións relacionadas co mundo da costa como “Marea Negra” ou “Mulleres e o Mar” asegura que viviu en primeira man as consecuencias do afundimento do petroleiro, polo que considera necesario “ amosar as diferentes dimensións da catástrofe, por un lado o dano provocado ao
ecosistema e polo outro a solidariedade de milleiros de persoas que chegaron dende diferentes puntos do mundo.”

A exposición que xa ten 9 anos, continúa vixente nesta efeméride na que se poderá apreciar a foto máis representativa do Prestige, a que deu a volta ao mundo, una imaxe captada, segundo explica a fotografa “o primeiro día da chegada do fuel á praia de Traba de Laxe, na que se pode ler a palabra Morte” Un retrato que identifica segundo Ana García a esencia da Marea Negra.

Despois da visita pola exposición, repartirase un picnic aos voluntarios que posteriormente realizarán unha ruta guiada polas praias onde estivo presente o voluntariado.

A xornada rematará ao redor das 19:00 horas na Mostra do Encaixe de Camariñas, una nova edición que significará, segundo Sandra Insua, que “Camariñas é voluntariado é un encaixe perfecto”. Aínda continúa aberto o período de inscrición que pode realizarse enviando un correo a: Esta direcciуn de correo electrуnico estб protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 
< Anterior   Siguiente >
Calendario nacional e internacional de Ferias y Congresos.
Por favor, rogamos confirmen las fechas de los eventos con los organizadores de los mismos, ya que pueden surgir variaciones o anulaciones.
NOTA LEGAL | © 2009 Servicios Digitales JCA. Todos los derechos reservados.
/